Documentación de herpetoloxía na web

A continuación poñemos á vosa disposición algo de información sobre hérpetos que pode ser de utilidade.

Por unha banda, unha pequena serie de fichas con información moi básica sobre os anfibios galegos: fichas dos anfibios de Galicia.

Ao longo da charla e das saídas comentáronse en varias ocasións aspectos relacionados coa distribución, e presentáronse mapas e datos de distribución de especies en relación co programa de seguimento de anfibios e réptiles SARGA. Nesta ligazón podedes informarvos máis sobre o programa SARGA, e tamén podedes descargar documentación do SARGA.

Por último, e como anécdota, o vídeo que comentamos na charla sobre a posibilidade da salamandra de expulsar o contido das súas glándulas para defenderse dos predadores.

Ciencia cidadá

Interesante artigo que pon de manifesto a importancia da participación de todos no estudo e conservación da natureza. Non é preciso ser un científico profesional nin traballar nunha institución de renome para contribuir a coñecer un pouco máis o que nos rodea, e así poder entendelo mellor.
Artigo completo: Ciencia ciudadana: ¿la salvación de la biodiversidad?
DW 11/03/2014

Outro exemplo é o Censo de Aves en Xardíns que cada ano leva a cabo a RSPB (Sociedade Ornitolóxica de Reino Unido). Acaba de ter lugar o censo de 2014, no que participaron medio millón de persoas (nun país cunha poboación de 63 millóns) e contaron 7.274.159 aves.
Artigo completo: Blue tits, goldfinches and great spotted woodpeckers thriving in British gardens
The Guardian 27/03/2014