Sobre a Escola

A Escola de Naturalistas é unha actividade realizada polo Grupo Naturalista Hábitat dende o ano 2009, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, que consiste en aprender a escoitar, ver e identificar os elementos que compoñen a biodiversidade galega.

A través de diversas actividades tratamos de afondar, de xeito teórico-práctico, no estudo das diferentes áreas do naturalismo (botánica, zooloxía, etc.). Cada unha das actividades está dedicada a un tema, primeiro cunha charla teórica que se imparte no noso local (rúa Camariñas nº8 baixo, na Coruña) e logo cunha saída de campo.

Unha vez rematado o curso entregarase un certificado acreditativo de participación co número de horas teórico-prácticas recibidas. As ausencias inxustificadas ou sen previo aviso poderán ser motivo de baixa en Escola de Naturalistas e supoñer a perda do dereito ao diploma correspondente.

Os participantes na Escola de Naturalistas adquirirán a condición de membros do Grupo Naturalista Hábitat durante 1 ano, tendo dereito a participar de forma gratuíta en todas as demais actividades organizadas polo grupo, así como a recibir o material editado neste período.

As prazas son limitadas e no caso de que as solicitude superen o número de prazas, seleccionarase aos participantes en función dos criterios da Xunta Directiva. Aqueles inscritos non seleccionados pasarán a formar parte dunha lista de espera. En ningún caso unha persona que xa estivese matriculada na Escola en promocións anteriores poderá repetir.

Se tes algunha dúbida, podes contactar connosco no e-mail escoladenaturalistas@yahoo.es ou no teléfono 981 135 014 (preferiblemente en horario de mañá).

Ningún comentario:

Publicar un comentario